RESUME EXCURSION ARAGON
Data: 20 de septiembre de 2022

COMENTARIO EXCURSIÓN  ARAGÓN


1º DÍA: Saída á primeira hora da mañá con dirección a Vitoria, breves paradas en roteiro, comida Hotel Ruta de Europa, onde recollemos á guía. Despois de comer visitamos a capital vasca, que é unha cidade monumental e señorial, que se pode ver en pouco tempo, é moi agradable e tranquila con anchas rúas e avenidas, e rodeada de parques e xardíns. Tras a visita traslado ao Gran Hotel de Jaca, onde íamos a pernotar os catro días da excursión.


2ª DÍA:  Almorzo e saída cara a Zaragoza a capital maña, onde pola mañá visitamos o Mercado, a Basílica do Pilar, o Museo do Porto e contemplamos a e a Lonxa, comemos no Hotel Alfinden.  Despois de comer fixemos un percorrido polas rúas peonís, a última hora da tarde regreso ao hotel.


3º DÍA: Almorzo e saída cara a Alquezar, o primeiro foi  ir ao Miradoiro Sorriso do Vento, desde onde se ten a mellor vista de todo o pobo; despois recollemos ao guía de turismo local, empezando percorrido pola porta  que só se conserva. Trátase dun arco gótico que ten no seu parte superior o escudo da vila; desde aquí xa se empeza a ver o estilo das rúas de pedra e detalles nos balcóns. Todas as rúas da vila conducen á Praza Central chamada Rafael Ayerbe, que está rodeada por soportais e arcos, coas casas máis antigas de Alquézar. Seguimos o percorrido pola vila observando esta marabillosa vila medieval de Huesca. Seguimos o noso roteiro ata Huesca, onde xantamos no Hotel Pedro I. Despois de comer cunha guía de turismo local, fixemos un percorrido pola cidade, visitando todos os seus monumentos máis importantes.


4º DÏA:  Almorzo e saída cara ao Mosteiro de San  Juan de la Peña, berce do Reino de Aragón, onde fixemos un percorrido guiado por un guía de Mosteiro, comida no Hotel, e despois de comer saímos a visitar a Estación de Ferrocarril de Canfranc, onde un guía da Estación, explícounos a importancia histórica da Estación.


5º DÍA:  Almorzo no hotel e saída para Coruxo, facendo breves paradas no camiño, parando a comer en Burgos no Hotel Castilla.


Todos os excursionistas, viñeron moi contentos desta excursión cultural e a Avoa quere agradecerlles  a puntualidade e o bo ambiente que houbo.



 



 



 




volver
Asociación de xubilados e pensionistas de Coruxo.
Estrada Camposancos 226, 36331 Coruxo
asociacionavoa@gmail.com
686 93 15 46