Embarcamos na Estación Maritima de Vigo, e unha vez abordo, no interior do catamaran agardabanos a cea: petiscos variados, tortilla, croquetas, empanadas e bocadillos variados, mexilóns a vinagreta e de postre tarta de Santiago. Refrescos, viño, cafes,..e troula!!
Rematada a cea, a maioría saímos o exterior e a cuberta do barco agardando o primeiro "chupinazo" dos fuegos. A noite estaba clariña e axudounos a disfrutar das filigranas de cores , e dun paseo pola ría gratificante e relaxante.
Achegamonos ata Moaña, mentras en Vigo ían facendo o desembarco de outras embarcacións. E coma en Moaña tamén estaban de festa tamen puidemos disfrutar un pouco dos seus Fuegos de Luces ....
De regreso cara o muelle ainda puidemos escoitar o lonxe que en Coruxo tamen se comezaba coa nosa tirada de luces de cores en honor a nosa Virxe do Carme.
A música seguía a sonar para todos os que quixeron seguir bailando de regreso a porto.
Menuda noite tan animada e concorrida, non si??