RESUME EXCURSION MILAGROS DE MOLGAS E CELANOVA
Data: 14 de septiembre de 2023
O pasado venres día 8 de Septembro saímos de Coruxo dous autobuses cara os Milagros de Molgas.
A nosa primeira parada como xa é costume fixémola en MACEDA para tomar o noso tentempé de empanadas, viño e refrescos.
Despois arrancamos cara o SANTUARIO DE MOLGAS; os que quixeron puideron escoitar misa o aire libre e facer as súas plegarias a Virxe, percorrer os fermosos arredores de centenarios carballos ou ollar os diferentes postos de souvenirs, agasallos e lembranzas e tamén perderse polo mercadiño e tomar un refrixerio nos diferentes  "chiringuitos"do recinto.
Tamén puidemos entrar no Santuario e visitar a imáxe da Virxe e vela máis pretiño.

Sobre a 1 do mediodía arrancamos cara a TABOADELA para comer no HOTEL CONDE, onde nos agardaba un menú variadiño de entrantes varios, paella, terneira con patacas e menestra de verduras, un postre de xeado "con gotiñas" e cafeciño.
Rematada a comida arrancamos cara a CELANOVA; onde nos agarban na Praza Maior para comezar a visita guiada o MOSTEIRO DE SAN SALVADOR.
O guía acompañounos ata o claustro e explicounos alguns detalles do Mosteiro, os arredores, e falounos da Capela de San Miguel.

A nosa visita comeza coñecendo a Mª XOSE, unha maravillosa e experta organista que nos deleitou cunhas fermosas pezas no organo do mosteiro. (Preludio de Bach, Negra Sombra, Himno Galego,Alborada de Veiga, Tocata en Re Menor....)
Tamén nos explicou cada unha das pezas, teclas, e tubos, as finalidades de cada peza deste fermoso instrumento que non deixou a ninguén indiferente. As diferentes pezas tocadas, os sons e o enclave no que nos atopábamos...transformaron ese momento en algo máxico e celestial.

Percorremos o resto do Mosteiro e rematamos no seu exterior visitando A CAPELA DE SAN MIGUEL: situada no que foi o xardín do mosteiro, é un dos poucos restos que quedan da época da primeira construcción do mosteiro.
Tratase dunha pequena xoia de arte mozárabe e o seu diminuto tamaño convirtea na igrexa máis pequena da España cristiana sendo declarada Monumento Nacional dende 1923.

A nosa visita remata, cun bo sabor de boca, e cunha sensación moi confortable dun lugar tanto relixioso como máxico.






volver
Asociación de xubilados e pensionistas de Coruxo.
Estrada Camposancos 226, 36331 Coruxo
asociacionavoa@gmail.com
686 93 15 46