O pasado día 2 de Xullo saímos cediño de Coruxo cara a Ponteceso para visitar o Museo Etnolúdico de Galicia (Melga).
A nosa primeira parada como é de costume foi `pa facer o noso tentempé matutino...e aínda que a mañá estaba algo de poalleira, tivemos un pequeno escampo para tomar as empanadas, viño e refrescos no merendeiro da Praia de Balarés, nun entorno espectacular!!
Rematado o tentempé dirixímonos cara o Melga. Alí agardabanos Ricardo Pérez y Verdes (dono e fundador do museo).
Deunos a benvida e ademáis de presentarse e contarnos un "pouquiño" da súa vida (mestre, xogador profesional, escritor, traductor... etc, tamén nos contou como comezou a sua andaina ata fundar ese fermoso e interesantísimo museo.
Cada recuncho do museo de Ricardo tiña unha historia, pero sorprendeunos a sua colección de trompos, buxainas, peonzas, pirindolas...dende a mais "pequerrechiña" ata a máis grandeira.
Xogos, brinquedos, enredos e demais agóchanse no Melga cunha pequena historia que contar!!
Rematada a visita no Melga diriximonos cara o Restaurante "A Lagoa" (Vimianzo) onde un ano mais o trato, a atención e por suposto o seu menú non deixa nunca indiferente a ninguen!!
A tarde rematamola visitando o Castelo de Vimianzo onde tiñamos hora concertada para disfrutar dunha obra de teatro sobre a historia do Castelo.
Volta cara a Coruxo cunha chéa de recordos de infancia !!!!
volver