A nosa saída parte de Coruxo ás 9:15 horas cara a Noia. Cando chegamos fixemos a nosa primeira paradiña para o "temtempé" da mañá.
E comezamos a nosa andaina polo interior de Noia facendolle a nosa primeira visita A Igrexa de Santa María a Nova, onde son curiosas as antigas lápidas que podemos atopar no seu interior; talladas con imaxes dos diferentes gremios, como canteiros, mariñeiros... etc.
Construída no centro do cemiterio histórico da cidade (Quintana dos Mortos) e de estílo gótico mariñeiro pero con influencia románica por unha construcción anterior ao Seculo XII.
Despois percorremos as rúas de Noia polos distintos postos do seu mercadillo dominical, ata que chegamos A Igrexa de San Martiño.
A sua monumental fachada, cunha sóa torre, impresiona polos seus numerosos detalles vexetais e humanos, as maravillosas vidrieiras, así como o seu antigo cruceiro na mesma Praza do Tapal.
Conta a lenda que hai unha maldición sobre a torre inacabada daquela igrexa: "quen intente rematar a segunda torre, terá un triste final"
Isto pasoulle o maestro canteiro que a construía no seu tempo e que morreu o caer dende ela. Así como o director de cine, Claudio Guerín, que tras reconstruir a torre en carton-pedra po rodaxe da película "La Campana del Infierno", morreu o 16 de Febreiro do 1973.
Tivemos tempo libre para mercar, pasear ou tomar un aperitivo pola cidade, pois o tempo acompañounos con calorciño e bó día.
Xa todos xuntos no noso punto de encontro, camiñamos uns metros máis ata o "Restaurante Tío Manolo" onde nos agardaba un "menú de dez": Sopa de marisco, Pescada frita cunha espectacular salsa, pataca cocida e ensalada; Zanco de polo o forno para lamber ata o óso; bebidas varias e un Flan caseiro que non se podía dicir que non o íamos "papar". E para rematar...cafe de pota.. Impresionante!!! A atención foi moi boa e todo o seu persoal moi próximo, agradable e atento. Seguro voltaremos!!!
A tarde pasamola rodeados das máis diversas flores e plantas. Ana, a dona "Da Casa das Camelias" explicounos a paixón que ten por coidar, regar, podar e mimar todalas variedades de camelias, árbores, arbustos, cactus e moitas mais plantas que hai por cada recuncho desta parcela de 12.000 m2, con muiño, canastro e cruceiro...herdanza dos seus avós.
O antigo muiño (anterior o 1785) é dos poucos que hai en Galicia e que estaba dividido en duas partes: unha era vivenda e outra muiño; no seu interior atopamos peneiras, candís, e trebellos varios....ata un "rato" a busca dalgun milleiro!!! Ja,ja,ja.
A visita estaba a piques de rematar, pero non antes de facer a foto do grupo e da nai de Ana...que estaba sentadiña á porta da súa casa vendo como marchabamos abraiados polo traballo e paixón da sua filla polas camelias e pola herdanza dos seus antepasados.
E a nosa derradeira paradiña antes de voltar para a casa ....foi en Rianxo. Onde demos un paseo e "mollamola palleta" nunha terraza. Camiño de volta despedimos "A Moreniña" cantandolle "A Rianxeira".
Esperamos o pasarades ben e disfrutarades muito!!!!