EXCURSION A OLEIROS E FESTA INDIANA DE ARES.
O pasado domingo día 20, saímos de Coruxo as 8:15 horas dous autobuses cara a OLEIROS.
Cando chegamos, fixemos o noso tentempé mañanero nunha zona arbolada o pé da carretera principal. Coma sempre as nosas empanadas, o viño e os refrescos dan forzas pa comenzar a nosa andaina pola Vila de Oleiros.
Cada un fixo a visita como quiso, pero a maioría marchamos cara o CASTELO DE SANTA CRUZ;.
Este Castelo esta enclavado nun islote na Ría da Coruña e puidemos acceder a él por unha pasarela de madeira. Foi declarado Ben de Interese Turístico Cultural, polo seu alto interés historico, xunto coa beleza do seu entorno que fan deste lugar un paraxe cheo de máxia e historia.
A praia de Bastigueiro, o Parque As Galeras unido o Parque das 13 Rosas fan un agradable e extenso percorrido dende Sta Cruz ata Santa Cristina, asi coma outros moitos parques, e o seu Museo dos Oleiros e Alfaroleiros. Non cabe dúbida que precisabamos de máis tempo para disfrutar muito máis desta fermosa vila galega.!!
As 14:00 horas chegamos a PONTEDEUME o RESTAURANTE MOLINOS. Despois de tomar cada un asiento, o menú non se fixo esperar. Entrantes variados, salpicón de peixe (riquísimo), xamón ibérico con patacas e mazá o forno (delicioso), tarta de queixo con bola de xeado e café de pota .....non se pode pedir máis!!! Bueno seica sí.....faltaban os chupitossss....jejeje.
Ahhh e cantamoslle o cumpreanos a unha socia que o tiña moi caladiño....jejeje. PARABENS PILAR LAGO!!
Dende logo, fame non pasamos....e a xente eche moi boa comedora!! Grazas a tod@s!!
Veña...marchamos pa ARES. E nada máis chegar atopamonos con algún que outro coche antigo que foron a delicia dos nosos excursionistas paparazzis.
Fomos adentrandonos no paseo marítimo entre xente vestida de indiana e os diferentes postos de artesanía, e disfrutando dunha festa que recorda a influencia migrante da vila. Bailes na rua, canticos varios e moita diversión fan que Ares reviva unha fermosa festa na que todos participan con obradoiros varios: decoracion de escaparates, vestimentas, colares, etc, etc
A verdade é que paga a pena visitala, disfrutala e sobre todo vivila!!
Pois aquí remata por hoxe esta excursión que estamos seguro que todos disfrutástedes e da que seguro trouxestes algún agasallo.
volver