RESUME EXCURSION RUTA DO MEXILLON
Data: 24 de junio de 2023
SABADO 24 DE XUÑO. (S. XOAN)

Saímos de Coruxo as 9:45 h en dirección a Estación Marítima de Vigo, onde nos agardaba Lucas, o noso guía. 
A mañá comenzaba con bó tempo ainda que no mar había un pouquiño de bruma que íamos agradecer no noso paseiño pola ría.

Mónica, a patrona do catamaran "Piratas de Nabia", levounos por toda a enseada de Bouzas mentras o noso guía Lucas nos ía explicando un pouco a historia de todo canto podíamos ver cara a terra (Monte do Castro, Zona da Lonxa, Axuntamento de Vigo, ....etc..)
Chegados o muelle de Moaña embarca unha gran pota de mexillóns cocidos para a degustación de todos nos, acompañados de refrescos, pan, auga e un bo viño,

Rematado o "aperitivo mañanero" diriximonos cara o muelle de Meirande (Rande), onde nos agardaban os dous autobuses para levarnos a comer o RESTAURANTE CASAS (Viso-Redondela) e onde o menú non deixou indiferente a ninguen: Dorada o forno con patatas, Codillo o forno con patatas herbillas e zanouras, cucurucho de xeado e cafés. Delicioso!!

As 16:00 horas voltamos subir nos autobuses e marchamos dirección a BUEU para visitar o fermoso MUSEO DE MASSO.
O guía do museo explicounos con todo detalle e moi sinxelamente a historia da familia Masso e como comezou toda a andadura de esta conserveira e de esta familia. 
Rematada a visita ... dirixímonos para os autobuses e marchamos cara o muelle de CANGAS (como podedes ver pasamos da Ría de Pontevedra a de Vigo nun abrir e pechar de ollos...je,je,je.

19:30: Embarcamos en Cangas e de novo paseiño cara a Moaña buscar viveres...jejeje. Dentro do barco agardabanos unha merenda-cea espectacular. (Tortilla, empanada refrescos, augas e como non un bo viño).
Percorremos a costa das Illas Cíes e fondeamos na enseada da maravillosa Praia de Rodas pa cear unha fideua que estaba exquisita!!

Que mellor remate do noso día, cea a bordo con posta de Sol incluida!! 
Regresamos o porto de Vigo onde embarcamos pola mañá e así poñer fin a este viaxe pola nosa fermosa Ría de Vigo e as nosas maravillosas Illas Cíes!!  
Os autobuses agardabannos para voltar o noso destino. 

Unha vez máis agradecer a tod@s o bo comportamento e puntualidade e a vosa compañía, agardamos vos gustara esta viaxe!!!


Grazas a todos cantos traballastedes para nos, para que este día fose perfecto: Restaurante Casas e todo o seu personal, a moza da ONCE que nos repartiu algun pequeno premio e sorte nos boletos que compramos, a Monica, patrona e tripulación do catamaran Piratas de Nabia, o guía do Museo Masso e como non os nosos conductores de Galisur.

GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS..



volver
Asociación de xubilados e pensionistas de Coruxo.
Estrada Camposancos 226, 36331 Coruxo
asociacionavoa@gmail.com
686 93 15 46