O pasado sabado día 8 de Xuño voltamos de excursión, e fixémolo pola nosa Ría de Vigo. E aínda que o tempo pola mañá foi de bastante "poalleira", as gañas de sair e pasalo ben superano todo sexa con paraugas ou sen él!!!
Saímos de Coruxo as 9:30h, dous autobuses, cara a Estación Marítima e cando chegou o noso guía e o noso barco, todos abordo!! A chuvia non nos permitiu disfrutar das vistas no exterior do barco, pero no interior a guía foinos explicando algunhas cousiñas e curiosidades de Vigo, Cangas, das bateas,.....etc.
Tomamos mexillóns cocidos acompañados de pan, refrescos , auga e un bo viño; e aínda que non estan na mellor época de cultivo, comeronse ben a gusto!!
Rematado o aperitivo, dirixímonos cara a Meirande (Rande), onde nos agardaban os autobuses para levarnos o RESTAURNTE CASAS (Viso-Redondela) e onde coma sempre nos agardaba un menú do máis sabroso: Merluza a Romana con ensalada, Codillo con patacas, e guarnicion de herbillas, zanouras etc, un cucurucho de xeado e cafés. DELICIOSO!!!!
As 16:15 e as 16:30 saímos cada un dos autobuses de novo cara a MEIRANDE para visitar o Museo, onde despois dun video informativo de como fora a Batalla de Rande, a guía explicounos e amosounos as diferentes maquetas de galeóns e navíos da época da Batalla de Rande. Tamén unha réplica do camarote do capitan, da adega, sala de cañons..etc.
No exterior do museo tamén puidemos observar paneis explicativos da antiga fábrica, unha máquina de vapor, unha prensa....
Rematada a visita, volta os autobuses e marchamos cara o Náutico. Tempo para un cafeciño ou un refresco antes de volver embarcar as 19:30 horas.
Comezamos a navegar cara as Cíes, pero motivos da Nabiera a nosa ruta tivo un pequeno cambio cara o interior da Ría chegando ata a Illa de San Simón. Fermosa illa pero que agocha historias reais duras e de moito sufrimento.
Ceamos nas inmediacións de Rande, e tamén pechamolos ollos e pedimos un desexo o pasar xusto por debaixo da ponte!! Agardamos se cumpra!!!
E como remate de regreso a porto...música para todos aqueles que quixeron bailar e cantar!!
Chegados a porto, xa nos agardaban os nosos autobuses para levarnos de volta a Coruxo.
Coma sempre, agradecervos a todos o bó comportamento e as gañas de seguir acompañandonos nas nosas excursións!!
Grazas a tod@s!!!
volver