RESUME EXCURSION S.CAMPIO-VIANA DO CASTELO
Data: 2 de agosto de 2023
EXCURSION S. CAMPIO E VIANA DO CASTELO.

Saímos de Coruxo as 8:15 horas. E aínda que a mañá comezou cunha poalleira fina, destas que mollan o lombo, o día cambiou pa que todos `poidesemos disfrutar desta excursión tan tradicional como fermosa a San Campio.

Como de costume e despois de escoitar a misa, tivemos o noso tentempé de empanadas variadas, viño e refrescos no mesmo recinto do Santuario. Unha fermosa convivencia de socios, veciños e amigos....facendo "boca"...jejeje.
O rematar e antes de subir os autobuses, puidemos escoitar unhas pezas musicales da Banda de Musica de Vincios, con motivo das festas o San Campio.

A nosa seguinte parada foi na PRAIA DE ANCORA, para disfrutar dun maravilloso paseo a carón do areal.  Xardineiras colgantes con variado colorido, figuras varias e vistas espectaculares o longo de todo o paseo incitaban os visitantes a facer fotografías como recordo deste día!!

Imos comer...e diriximonos cara a QUINTA DA PRESA (Viana) onde nos agardaba un menú tanto exquisito coma abundante!! Petiscos variados, potaxe, feixoada, vitela con patacas e arroz branco, salada, bacallau a Herminda, natillas caseiras e o cafeciñooo que non podia faltar!!!
O enclave da Quinta da Presa e espectacular para facer casamentos, convites e demais pois os seus xardíns incitan a deixar un fermoso recordo plasmada en fotografías. 


Continuamos a nosa excursión subindo ata o Monte de Santa Lucia. Visitamos a Igrexa do Sagrado Corazón normalmente sempre chamada e coñecida pola Igrexa de Sta Luzía.

Voltamos cara o centro de Viana, onde despois das falladas visitas a Igrexa da Misericordia (pechada) e o Museo do Traxe (tamén xa pechado), pois tivemos tempo libre para pasear por Viana, tomar un refrixerio, e perdernos polas estreitas rúas  da cidade.

A excursión esta a rematar, e o noso regreso a Coruxo foi moi satisfactorio... 

Grazas a tod@s unha vez máis polo voso comportamento e puntualidade!!! Asi da gusto!!!

Vémonos na próxima!!!



volver
Asociación de xubilados e pensionistas de Coruxo.
Estrada Camposancos 226, 36331 Coruxo
asociacionavoa@gmail.com
686 93 15 46