RESUME FESTA DA MATANZA-ARANDA DUERO 2024
Data: 5 de abril de 2024
DIA 5: Saímos de Coruxo as 6:30 h, previo acopio das maletas e como non do noso temtenpé.
O inicio da viaxe un momento para o recordo do noso compañeiro Ricardo, que se cerrou cun grande aplauso por parte de todos.

Primeira parada en Riós: necesidades fisiolóxicas e algo quente para quitar o frío. e de novo en ruta cara a Tordesillas, onde voltamos a parar para o tentempé das empanadas que.. aínda estaban algo quentes... e un vasiño de viño albariño tampouco viña mal para alegrarnos o corpo.
Continuamos a nosa ruta cara a SEPULVEDA, e paramos a comer no Restaurante Olegario en Sebulcor. Alí disfrutamos dunha gran comida e da amabilidade e preocupación porque todo estivera perfecto do seu dono Olegario.

O rematar a comida, paseo por SEBULCOR ata o prado onde Olegario tiña pastando o seu rebaño de "vacas enanas", a súa altura non pasa de 1,10-1,15 metros. Olegario explicounos emocionado as caracteristicas e virtudes das súas vacas. Hai que decir que esta "Raza Dexler" estivo a piques de extinguirse e grazas a persoas coma Olegario puideronse recuperar.

Despois visita a SEPULVEDA, donde percorremos todo o casco histórico e contemplamos dende o mirador a paisaxe das Hoces do Río Duraton. E xa collemos camiño o Hotel Ventorro, no lugar de Villacojoncillos de Arriba, en Aranda de Duero. Chegada e reparto de habitacións, cea e festa de preparación da matanza; música, baile e a representación dos oficios do ano 1942: alí estaban O PANADEIRO, A MESTRA, O ENTERRADOR, O HUEVERO, A BOTICARIA, A COTILLA, A COMADRONA....non faltaba ninguen, e todos moi ben representados. Rematada a festa...a durmir!!! Maña espera un día moi duro.

DIA 6: Sobre as 8:15 horas, despertar xeral con música de "Dulzaina e Tambor" polo pasillo do hotel, con agasallo as portas da habitación de pastas e chupiño de licor pa empezar a quentar o ambiente; a continuación desayuno de matanza con torreznos, morcilla, costela frita, todo "cousas suaves"; pastas e café, etc, etc,etc
O rematar o desayuno, elección dos "cargos e responsabilidades": Alcalde, Concelleiro, Terrateniente, Garda Civíl, Cura e como non as Raiñas da festa e as súas Damas de Honor; tamen como non O Toureiro e a sua cuadrilla, a gran actuación da festa.

Procesión de San Porciano presidida polas Autoridades, Raíñá e as Damas de Honor asi como todo o pobo acompañando. Apoteosico!!!! Sobre todo o discurso do Sr Cura que foi para non olvidar!!!

Rematada a Matanza, excursión a GUMIEL DE IZAN, percorrido polo pobo os lugares máis representativos, as casas de adobe, Praza da igrexa; A Catedral unha xoia da arquitectura, tanto no exterior cunha fachada espectacular como no seu interior o Retablo Maior é algo incríble!! O Museo no seu interior..etc, todo explicado por GABRIEL, Licenciado en Historia, ademais da súa paixón pola sua terra.

Voltamos o hotel para a comida da matanza...manciñas de porco, morcilla, xamón, consomé, tarta de verduras e máis e máis... E de postre TORRADASSSSS, feitas por Carmen a reposteira para o Grupo da AVOA. Unha verdadeira pasadaaaa!!!! Graciñassss!!!

Pequeno descanso despois da comida e visita a cidade de ARANDA DE DUERO os seus lugares máis destacados: Catedral, Praza Maior, Oficina de Turismo onde contemplamos a maqueta da cidade, etc, etc.
De volta no hotel, cea e festa de entrega de agasallos os participantes na Festa da Matanza, música e baile. E como sorpresa.....QUEIMADAAA para todos.
Despois de tanta festa e risas, a descansar...mañan esperanos o camiño de volta a casa.

DIA 7: Desayuno no hotel, baixada de maletas e despedida do Ventorro, con pena? Sí, pero coa satisfacción da festa vivida.

Iniciamos o camiño de volta con parada en PALENCIA, e aínda que nos choveu, puidemos visitar os monumentos e lugares máis representativos da cidade. Rematada a visita, comemos no Restaurante El Matadero, na misma Palencia. Boa comida e chupitos incluidos.

Rematada a comida, retomamos o camiño de cara a Coruxo, a donde chegamos sobre as 22 horas moi contentos e satisfeitos dunha fin de semá fructifera e divertida.

Dende a Directiva da Asociacion Avoa queremos felicitar a todos os excursionistas pola participación na Festa e pola vosa aptitude na excursión!!

NORABOA A TODOSSSS!!!!!!


.



volver
Asociación de xubilados e pensionistas de Coruxo.
Estrada Camposancos 226, 36331 Coruxo
asociacionavoa@gmail.com
686 93 15 46