RESUME MILAGROS DE AMIL-PAZO FARAMELLO
Data: 11 de septiembre de 2022
COMENTARIO EXCURSIÓN RELIXIOSA E CULTURAL AOS MILAGROS DE AMIL.

Saída cara ao Santuario dos Milagros de Amil en Moraña, onde chegamos para asistir á misa das 10 da mañá. Debido que dita misa foi ampliada no tempo e ao final fixéronse longas colas para ir ao baño, en lugar de saír do Santuario ás 11, partimos ás 11,30 cara a Moraña, onde nun parque comemos as empanadas.
Debido ao atraso xa non puidemos facer unha parada na Estrada como tiñamos previsto e dirixímonos cara ao Restaurante Fogar de Breogan en Lalin
Ao chegar ao Restaurante a xente sorprendeuse da contorna do lugar e da súa construcción, quitando fotos mentres esperamos a entrar a comer. Ao entrar todo o mundo quedou impresionado coa súa decoración.
Servíronnos un menú excelente, primeiro pementos de Padrón e tortilla e a continuación churrasco de pito, costela de porco, tenreira e chourizo, en abundancia.

Ao terminar de comer dirixímonos cara ao Pazo do Faramello que é un conxunto único onde viven en harmonía un pasado nobiliario, un proxecto industrial e unha contorna paisaxística e cultural de excepción.
O propietario fai unha magnífica visita guiada que che permite coñecer os xardíns, a capela e a planta baixa do pazo, onde contemplamos toda a súa antiga decoración. O son da auga e as magníficas árbores centenarias son o pano de fondo perfecto.
O percorrido terminou cunha copa de viño e degustación de chocolates.
Os excursionistas quedaron encantados con todo o conxunto da viaxe, agradecendo á Avoa a súa organización.



volver
Asociación de xubilados e pensionistas de Coruxo.
Estrada Camposancos 226, 36331 Coruxo
asociacionavoa@gmail.com
686 93 15 46