RESUME S.CAMPIO, PONTE DA BARCA E ARCOS VALDEVEZ.
Data: 30 de julio de 2022
EXCURSION A S. CAMPIO, PONTE DA BARCA E ARCOS DE VALDEVEZ.

-Saimos de Coruxo as 8:30 horas da mañá cara o Santuario de S.Campio de Lonxe (Figueiró-Tomiño)onde os que quixeron puideron escoitar ata dúas misas e pedir os favores ou rezarlle o santo milagreiro.
-As 11:00 horas como de costume tivemos o temtempé de empanadas e bebidas varias. 
-As 12:00 saímos de S. Campio cara a Ponte da Barca, onde a pesar do calor, puidemos ter tempo libre antes do xantar pa visitar os arredores, o Xardín dos Poetas ou tomar un "refrixerio".

-As 14:00 horas diriximonos o Restaurante Jaime Gomez onde nos agardaba un fantastico menu (entrantes de olivas, manteiga, croquetas, xamón, queixo.. Crema de legumes de primeiro, Bacalhau a casa de segundo, postre variado e café.)
O rematar cada un de nós mercou augas frías, xa que o calor prometía pa'toda a tarde.
-A nosa seguinte visita agardabanos en Arcos de Valdevez. Tivemos un ratiño de tempo libre pa repousar e descansar a sombra, mentras agardabamos a Claudia, guía local que nos levaría a percorrer o Centro Histórico. 
*A Igrexa do Espiritu Santo, na parte mais alta da cidade, de estilo Barroco e a única adicada a museo. 
*A capela da Concepción, medio románica, medio gótica, abandoada dende o século XVIII; e sobrevivinte a especulación inmobiliaria, guerras e o paso dos anos.
* A Tasca do Delfim, museo das concertinas e única no Alto Minho.
*O reloxo de auga, fonte de 48 chorros verticais e  que cada un vai marcando os intervalos de 15 minutos. Maravilloso e abraiante para cada un de nós.
*Igrexa da Lapa que destaca polos seus retablos de traballos dourados e estucos.
*Avenida Principal da Vila, o pé do río Vez onde un monumento representa o reencontro de Valdevez entre as tropas de Alfonso VII (do reino de León) e Alfonso Henriques (1°rei de Portugal). Dita loita supuxo o derradeiro pulo para a consagración do reinado de Portugal. 

Rematamos a nosa visita, agradecendo as explicacións de Claudia, e voltando cara o noso autobús.

Por hoxe a nosa excursión chegou o seu fin, cun calor abafante, pero abraiados da beleza do noso país veciño.




volver
Asociación de xubilados e pensionistas de Coruxo.
Estrada Camposancos 226, 36331 Coruxo
asociacionavoa@gmail.com
686 93 15 46