RESUMEN EXCURSION FESTA DA MATANZA DE ARANDA DUERO.
Data: 1 de abril de 2023
SABADO DIA 1: O Sabado 1 de Abril (dí o refraneiro: que van os burros onde non deben ir) saímos de Coruxo as 7:15 da maña con "poalleira" e paraugas na man. O tempo ía mellorando a medida que nos alonxabamos de Coruxo.. a cousa prometía bó tempo. Despois das paradas pertinentes pa cafes e tomar as empanadas, chegamos "O Ventorro" (Aranda de Duero) pa hora de comer. 
O recibimento dende o autocar ata o salón donde íamos comer pratos típicos do lugar foi moi acolledor. 
O rematar e dun xeito moi humoristico, Ascen unha das 7 irmáns da familia do Ventorro  repartiunos as chaves dos nosos "aposentos".
Pola tarde Gabi, outro dos irmáns, director e jefe do "Ventorro", acompañounos como guía ata o "Monasterio de la Vid": preciosa construcción arquitectonica monacal cunha importante historia en todo o seu interior. 
O regreso "O Ventorro" tiñamos que cear  e Carmen, a irmán máis reposteira e festexeira, fixonos a introduccion do que ía ser a festa naquel pobo de " Coj.......de arriba" (jejeje). O fin da noite foi de moitas risas, sorpresas e baile!!!
DOMINGO DIA 2: O noso despertar foi animado e moi doce. O desayuno "costillas, torreznos, café e reposteria caseira, aínda nos deparaba outra sorpresa... as nosas indumentarias pa ir a festa(reparto de cargos e traballos das persoas que formaban parte das tradicións do pobo). Na praza do pobo, dous porcos paseaban entre a xente o son da música tradicional, festa, procesión, ritos e tradicións ....e festa a rachar!!
Rematada a festa, visitamos Roa de Duero, considerada o Corazón da Ribeira, onde o mundo do viño convertiuse nalgo fundamental do desarrollo cultural e económico da zona. (310 adegas legalizadas).
Tamén visitamos o Santuario "La Virgen de la Cueva", construcción rupestre que aproveita unha "cova" caliza onde se atoparon restos da época romana. 
De regreso " o Ventorro" agardabanos a comida, a base de entrantes da matanza. Entrega de agasallos pola participación na festa e regreso cara a Coruxo.

Rematase a festa!! pero seguro voltaremos!!!! 
 



volver
Asociación de xubilados e pensionistas de Coruxo.
Estrada Camposancos 226, 36331 Coruxo
asociacionavoa@gmail.com
686 93 15 46