O PRIMEIRO DÍA: Saímos en dirección a
Sahagún, onde nas súas rúas atopamos algunhas casas de madeira e ladrillo, herdanza do seu puxante pasado. Empezamos vendo os restos do Mosteiro de San Benito o Real, do que só queda un arco neoclásico, a Igrexa de San Lorenxo onde á parte da súa beleza, no seu interior había unha exposición dos pasos da Semana Santa de Sahagún. E terminamolo percorrido no mercadillo.
Pola tarde visitamos León, onde vimos a Catedral, a Rúa Ancha, o Palacio dos Guzmans, Casa Botines (Obra de Gaudí), a Colexiata de San Isidoro, o Barrio Húmido (Zona de Tapas), e a Praza Maior.
En todo o percorrido sorprendeunos o gran ambiente que había.
O SEGUNDO DÍA: Partimos cara a Villafranca de Bierzo, onde iniciamos o noso percorrido dende a Praza Maior pola rúa da auga (onde hai grandes palacetes con escudos familiares nas súas fachadas), a maravillosa Colexiata de Santa María de Cluny, rematando nos xardíns da súa alameda. De alí saímos hacia Balboa.
Balboa é unha das xoias agazapadas na Serra dos Ancares, onde visitamos a Casa das Xentes: museo de esculturas e traballos en madeira aproveitando a forma orixinal do árbore. Nada máis entrar impresiona a escaleira que conduce ao primeiro andar, pola súa estética tan puída e elaborada. Todas as figuras pódense tocar e sentir o tacto do traballo realizado na súa elaboración.
A continuación comemos un bo menú nunha palloza típica da zona dos Ancares.
A verdade é que todos gozamos deste maravilloso lugar!!!
volver